Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 202 navalla , pero tamén Peimoure, Peixoanes, Peiluz ou Peimogo . Pola súa banda, o apelido Mallo é tamén común na parroquia, documentado polo menos desde o século xvi . Nun documento de 1672 do convento de San Francisco de Vigo relativo ás propiedades deste convento no Val de Fragoso rexistramos o Campo de Paio Mallo , coa forma plena do antropónimo. No Catastro de Ensenada vemos tamén portadores deste apelido na parroquia en 1753, como unha veciña María Mallo , « pesillera de ta- baco » . O apelido é quizais un sobrenome nacido do servizo de varios «días de malla » ao ano que a familia lles debía pagar aos señores do couto (  Malla ). Peirao — — O Peirao da Valada (A Garrida) Peirao é un substantivo de orixe occitana chegado ao galego na época medieval; procede do latín petratum ‘empedrado’ e polo regular designa un muro de contención construído na beira dun río ou do mar, así como un embarcadoiro nun porto. Está presente no topónimo O Peirao da Valada , unha zona de arboredo ao sur da Valada, no barrio da Garrida. Aparece no Catastro de Ensenada coas formas simple e composta, Peirao e Peirao de Balada , para designar terras de monte de primeira calidade. Pena — — A Pena (O Freixo) — — Os Penedos (O Freixo) — — Os Penedos (As Barrocas) — — A Pedra da Pena / As Pedras da Pena (A Garrida) O substantivo galego pena , o mesmo ca o correspondente castelán peña , son termos moi comúns na toponimia. Admítese que proceden

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==