Toponimia Valadares

201 T O P Ó N I M O S Pedro — — A de Pedro (As Barrocas) Coñécense como A de Pedro uns campos de labor situados na zona dos Bértolos, no barrio das Barrocas. É un topónimo transparente, en re- ferencia a un propietario, e supoñemos que de creación relativamente recente, pois non se atesta na documentación histórica. Peimallo — — Fonte de Peimallo (O Freixo) — — Camiño de Peimallo (O Freixo) — — Petróglifo de Peimallo (O Freixo) O topónimo Peimallo nomeaba no pasado toda unha extensa área boscosa da aba noroeste do monte Alba. Rexístrase no Catastro de Ensenada coas formas Peimallo , Peymallo e Chan Peimallo e semella desaparecido hoxe con esa forma simple, mais deixou pegada en tres nomes aínda vixentes: a Fonte de Peimallo , o Camiño de Peimallo e o Petróglifo de Peimallo . A Fonte de Peimallo é unha fonte con teito de lousa rectangular sos- tido por unha columna de pedra, con dúas canles independentes para a auga que aflora da parede rochosa; conta cun depósito triangular cons- truído en pedra que serve como bebedoiro de bestas e como depósito contra incendios. Foi construída en 2003 pola comunidade de montes en colaboración coa Comunidade de Augas Cacheira-Souto. Desde esta fonte parte un antigo camiño de carros parcialmente empedrado que ascende ata o monte Alba, o Camiño de Peimallo . Algo máis cara ao norte da fonte atópase o Petróglifo de Peimallo ( ► Petróglifo ). Todos estes topónimos contan na fala cunha variante con artigo, do Peimallo , presente tamén no rótulo da fonte: Fonte do Peimallo . Peimallo é unha alteración dun primitivo Pai Mallo , antropónimo composto da forma abreviada do nome Paio (< latín pelagiu ) e mais o apelido Mallo . O uso do nome Paio tivo bastante difusión en Galicia debido ao culto a San Paio, santo tudense do século x . Este nome Paio adoita apocopar en Pai cando vai precedendo o apelido, e en posición átona non é estraño que se altere en Pei . No Nomenclátor de Galicia achamos tanto unha forma coma a outra en numerosos topónimos for- mados con este nome persoal: Paicordeiro , Paiosaco , Casalpaio , Pai-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==