Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 200 Na parroquia de Valadares, a meirande parte dos topónimos for- mados con pedra son compostos cun segundo elemento referencial: A Pedra da Cacheira , ao oeste do monte Alba (  A Cacheira ); A Pedra da Pena , no barrio da Garrida (  Pena ); e As Pedras da Ribeira , xunto a Seoane (  Ribeira ). Un grupo de topónimos compostos deste tipo ato- pámolo dentro da área que chaman O Padrón do Couto , no monte da Sobreira: As Pedras das Cagallas (  As Cagallas ), As Pedras da Cruz (  Cruz ), As Pedras da Flor , As Pedras de Guisande , As Pedras do Moucho (  Moucho ) e As Pedras do Raposo (  Raposo ). Unha forma simple plural, As Pedras , nomea un núcleo de vivendas no barrio das Barrocas, fronte ao CEP Igrexa-Valadares. Como segundo elemento de compostos atopámolo no nome do Campo das Pedras (no Freixo, xunto aos Balcóns) e mais no da Veiga das Pedras , na zona da Torre, no barrio da Igrexa. Entre os numerosos derivados de pedra , un dos que ten máis presen- za na toponimia é o formado co sufixo correspondente ao latín - aria , pedreira , que designa un terreo con pedras ou unha canteira. A mesma forma en masculino, pedreiro , úsase sobre todo para referirse á persoa que traballa a pedra, un canteiro. Non podemos determinar se o topó- nimo O Pedreiro en Valadares (campo de labor ao sur da Gaspara, no barrio do Freixo) veu motivado polo terreo pedregoso ou se contén un sobrenome de propietario relativo ao oficio de pedreiro ou de canteiro. No Catastro de Ensenada, no rexistro dos oficios, declárase a existencia dun único veciño con esta profesión na parroquia. O derivado pedregal (< latín petricalem ), formado cun interfixo - ic -, suxire que estamos ante un sitio onde abunda a pedra pequena ou frag- mentada. En Valadares temos este derivado en dous topónimos: O Pe- dregal (no barrio da Garrida, por riba da Valada, onde actualmente se atopa o pavillón polideportivo e o edificio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares) e O Pedregal da Valada , algo máis ao sur. Tamén ten relación coa pedra o topónimo A Espedrigada , núcleo habitado no barrio do Carregal, entre O Caramancho e A Simona. O topónimo contén o participio dun verbo espedrigar (< latín expetricare ) ‘desempedrar’, ‘limpar de pedras miúdas un terreo para cultivalo’. Na documentación do Catastro de Ensenada rexístranse outros to- pónimos emparentados que non localizamos con exactitude: Pedras , Pedras de Leiras , Pedra de Gregorio da Vila , Pedreira…

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==