Toponimia Valadares

199 T O P Ó N I M O S Patiño  Madorra Patrón — — O Patrón (O Carregal) — — A Patrona (O Portal) — — A Casa da Patrona (O Portal) Coñécese como O Patrón unha zona de penedos e de arboredo no barrio do Carregal, entre Os Martices e O Mato Vello. O feito de que tamén exista un feminino A Patrona no Portal, e mais A Casa da Patro- na , fai pensar que estamos ante un sobrenome de propietario, formado a partir dalgunha das acepcións do substantivo común patrón . Pedra — — As Pedras (As Barrocas) — — A Pedra da Cacheira (As Barrocas) — — A Pedra da Pena (A Garrida) — — As Pedras da Cruz (A Sobreira) — — As Pedras das Cagallas (A Sobreira) — — As Pedras da Flor (A Sobreira) — — As Pedras da Ribeira (A Garrida) — — As Pedras de Guisande (A Sobreira) — — As Pedras do Moucho (A Sobreira) — — As Pedras do Raposo (A Sobreira) — — Campo das Pedras (O Freixo) — — Veiga da Pedra (A Igrexa) — — O Pedregal (As Barrocas, A Garrida) — — O Pedregal da Valada (A Garrida) — — O Pedreiro (O Freixo) — — A Espedrigada (O Carregal) O substantivo pedra (< latín petram ) e os seus derivados aparecen for- mando máis dun cento de topónimos que nomean núcleos habitados de Galicia, segundo amosa o Nomenclátor. Na microtoponimia, os exemplos cóntanse por miles. Poucos substantivos son tan rendibles coma este na toponimia galega.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==