Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 198 Patela, Patena — — As Patelas / A Patela (A Sobreira) — — As Patenas (As Barrocas) Na cartografía de Galicia Nomeada recóllense cento oitenta topóni- mos que conteñen os nomes patelo ou patela , algúns deles designando especificamente unha formación pétrea cun composto A Pena Patela . As pedras que reciben esta denominación adoitan ser aplanadas e per- miten recoñecer patela como un adxectivo co significado de ‘chan, plano, achatado’. A mesma raíz está presente no nome do pato , no do piollo pato , nun feminino patela ‘cesta ou caixa de bordo baixo que utilizan as peixeiras para transportar e expoñer o peixe’, na patena (na orixe latina, ‘pía, bacía ou maseira onde se lles dá de comer aos ani- mais’ e de aí pasou a designar o obxecto litúrxico cristián: ‘especie de prato ou bandexa para as hostias consagradas’) e no nome de diferentes realidades aplanadas . Con este mesmo significado empreg áronse como alcume ou como sobrenome termos como Pato ou Patiño , seguramente motivados polo xeito de pisar ao camiñar a persoa a quen se aplicaron. Tamén Patelo , que xa se rexistra como sobrenome no século xiii nun « Iohannes Pelagii, dictus Patelo » (1202, Codolga). Non sabemos se estamos ante un adxectivo patela aplicado a algun- ha realidade física (neste caso talvez a chaira en que se encontra) ou se tivo orixe nun sobrenome persoal o topónimo As Patelas , nome dunha extensión ao norte do monte da Sobreira, na estrema coa parroquia de Beade, que designa terreos pertencentes a ambas as parroquias. No Catastro de Ensenada figuraba en singular, A Patela . Pertence probablemente á mesma familia léxica o topónimo As Pa- tenas , nome duns campos de labor nas Barrocas, subindo pola estrada do Regueiro. Aparece rexistrado coa mesma forma e grafía no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados , aplicado a terras de cultivo de secaño.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==