Toponimia Valadares

197 T O P Ó N I M O S Parede — — Paredes (As Barrocas) O substantivo común parede é o resultado galego do latín parie - tem , do mesmo significado. Na toponimia, este nome adoita referirse a ruínas de antigas edificacións, o mesmo ca o derivado pardiñeiro (  ). En Valadares coñécese como Paredes unha zona de vivendas e de campos xunto á estrada do Souto, no barrio das Barrocas. Rexístrase co mesmo nome no Catastro de Ensenada, onde describe terras de monte de primeira calidade. Pascua — — Pascua da Vila (As Barrocas) As fontes documentais recollen no barrio das Barrocas un topónimo Pascua da Vila que non puidemos localizar con exactitude na actuali- dade. Contén un nome persoal feminino Pascua ( Pasqua no CME) se- guido do apelido toponímico da Vila . O antropónimo Pascua , o mesmo ca o correspondente nome común (datas do ano relixioso cristián, relativas á Paixón e á Resurrección) procede do latín vulgar pascua (latín clásico pascha ), tomado dunha va- riante hebrea do termo pesach ‘paso, tránsito’, nome da festa con que os xudeus conmemoraban a súa saída de Exipto. A alteración pasca > pas- cua explícase por interferencia de pascuum ‘lugar de pastos’, ‘alimento dos animais’, motivada probabemente polo feito de que coa Pascua remataban os xaxúns da Coresma. Pasto — — Pastos da Casa Vella (O Freixo) O substantivo común pasto ‘herba verde que serve de alimento para o gando’ e tamén ‘terreo cuberto de herba destinado a pacer o gando’ procede do latín pastum , participio do verbo pascere ‘pacer’. Está pre- sente este nome no topónimo Os Pastos da Casa Vella , aparentemen- te desaparecido na actualidade, que recollen o Catastro de Ensenada e outras fontes documentais nas inmediacions da área denominada A Casa Vella, no barrio do Freixo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==