Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 196 Papadeira — — A Papadeira (O Portal) A Papadeira é o nome dunha zona de campos ao leste do núcleo do Portal. Aparece atestado no Catastro de Ensenada, onde designaba terras de cultivo de secaño. É un topónimo escuro, que ten paralelo nun plural As Papadeiras na veciña parroquia de Zamáns. Quizais consti- túe un derivado do verbo papar ‘comer’, motivado por algunha razón anecdótica ou por ser unha zona de pasto para o gando. Non podemos descartar que constitúa un zootopónimo relacionado con certas espe- cies de roedores chamados nalgunhas áreas rato papado. Pardabesta  Prado da Besta Pardiñeiro — — A Pardiñeira (O Freixo) — — O Pardiñeiro (A Garrida) Pardiñeiro é un termo común en galego para designar muros e ruínas de edificacións vellas. Procede do latín parietinarium , un derivado de parietem ‘parede’. Ten notable representación na toponimia de Galicia, e o Nomenclátor recolle ata quince núcleos habitados con ese nome, espallados nas catro provincias, ademais doutros dous formados coa variante sen vogal palatal, pardieiro , estes na provincia de Ourense. A forma feminina, pardiñeira , do mesmo significado, é menos frecuente. En Valadares, O Pardiñeiro é o nome duns prados e terras de labor entre a estrada de Gondomar ao Porriño (o antigo Camiño do San Col - mado ) e a autoestrada AP-9 no barrio da Garrida, xa na estrema coa parroquia de Zamáns. No Catastro de Ensenada recóllese coa mesma forma (« al sitio do Pardiñeiro » , « Pardiñeyro » …) e describe labradío de regadío e de secaño de segunda calidade. No mesmo catastro rexístra- se outro topónimo Pardiñeiro do Souto , aparentemente desaparecido hoxe. Un feminino A Pardiñeira é o nome duns campos próximos ao ca- miño da Pinguela, no Freixo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==