Toponimia Valadares

195 T O P Ó N I M O S Outro topónimo da familia léxica de palla , a partir dun derivado palloza , é A Palloceira , unha zona de arboredo situada na estrema nor- deste de Vales, xunto á estrada da Garrida. Non sabemos que acepción de palloza puido motivar este derivado; tanto puido vir motivado pola vexetación da zona coma por algunha clase de construción con cuber- ta de colmo ou palla. Panasco, Panasca — — A Panasca (O Freixo) Chámase panasco un prado onde medra herba que serve de pasteiro natural para o gando. Os panascos non só son terras de monte, tamén pode tratarse de terreos destinados ao cultivo, mais coa peculiaridade de seren sempre terras de secaño, e con esta especificación recóllese a súa definición en varios dicionarios, onde se fala de ‘herba áspera que crece nos prados de pouca auga’ ou ‘terrón seco’. Admítese que o substantivo panasco é un derivado do latín pannus ‘pano, farrapo’. O Padre Sarmiento xustificaba esa etimoloxía que remite a pano porque « así parece el terrón, ya esté seco, ya verde » , ademais de consignar que o musgo se denomina metaforicamente « o panasco das paredes » . Na toponimia é máis frecuente atopar a forma en masculino, fronte ao feminino panasca , que Elixio Rivas define como ‘prado natural, que se va cortando o paciendo en fresco’ (DdD). Temos en Valadares este feminino en A Panasca , unha zona de monte ao oeste da Gaspara, no barrio do Freixo. No Catastro de Ensenada aparece tamén en plural, Panascas (ou acaso Panascás ) e designa terras clasificadas como cultivo de secaño de segunda calidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==