Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 194 para sinalar unha demarcación do territorio. Ten presenza relativamen- te común na toponimia galega; en Galicia Nomeada rexístranse cento catorce topónimos que conteñen este substantivo. O concello de Pa- drón debe o seu nome a unha pedra, antiga ara romana dedicada a Neptuno, conservada nunha igrexa da localidade, que se relacionou coas lendas xacobeas da chegada do Apóstolo a Galicia. En Valadares existen dous topónimos formados con este nome, am- bos no barrio da Sobreira: O Padrón (campos de labor xunto á Deve- sa da Sobreira; talvez existiu un marco que delimitaba cara ao oeste esta devesa) e mais O Padrón do Couto , extensa área de monte (hoxe principalmente eucaliptal) que chega ata A Garrida e que recibe o seu nome dun padrón que sinalaba a demarcación do leste do couto de Valadares (  Marco ). Como nome de propiedades, O Padrón do Couto designaba no Catastro de Ensenada terras clasificadas como monte de terceira calidade. Paínzo — — Os Painzás / Os Pinzás (O Freixo) O paínzo (< latín panic Ĕ u ‘que serve para facer pan’) ou millo miúdo (  Millo ) foi un cereal cultivado no pasado no territorio de Valadares. Conserva memoria deste cultivo un topónimo Os Painzás , co resultado tradicional local do plural de painzal , o colectivo de paínzo (como Os Fabás , de fabal ). Hoxe Os Painzás (nalgunhas fontes Os Pinzás ) é o nome dun conxunto de vivendas xunto ao camiño da Pinguela, no barrio do Freixo. No Catastro de Ensenada xa se rexistra como nome de lugar habitado, e tamén de monte e de cultivos de secaño. Palla — — Tras do Palleiro (A Garrida) — — Tras do Palleiro (As Barrocas) — — A Palloceira (A Garrida) A toponimia relativa á palla (< latín pal Ĕ am ‘cana seca do cereal’) ten presenza en Valadares en dous topónimos que conteñen o derivado común palleiro , definido nos dicionarios como ‘morea de palla ou de herba seca en forma de cono’. Tras do Palleiro nomea senllas áreas na Garrida e nas Barrocas (  Tra s).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==