Toponimia Valadares

193 T O P Ó N I M O S no barrio da Igrexa, onde o propietario posuía outras terras; o segundo xa se menciona no século xvi na documentación relativa ao preito do Portal (1587), e debía de estar localizado na extensa área da Rabadei- ra. Por último, o Outeiro do Gato aparece no Catastro de Ensenada na enumeración de terras de man común « inútiles por naturaleza que lindan ao poñente con montes del común da feligresía de Camos e de San Salvador de Coruxo » : era o nome que recibía daquela o monte coñecido hoxe como Cepudo (  ). Outide — — Outide, Outide da Garrida (A Garrida) Derivado do adxectivo latino altum ou do seu resultado galego outo cun sufixo colectivo - eta (> -ida , alterado en -ide como en Subride ou Penide / Sobreda , Peneda ), o nome Outide da parroquia de Valadares é un topónimo único na cartografía de Galicia Nomeada, se ben con- ta con paralelos como Outedo e Outeda . Probablemente naceu para designar un espazo abundante en outeiros, que na fala local é unha denominación de penedos (  Outeiro ). En Valadares, Outide da Garrida nomea unha área extensa no barrio da Garrida, con algunhas vivendas, mais principalmente conformada por campos e por zonas de monte, lindeira coa Devesa do Rei. Aparece no Catastro de Ensenada nas formas Outide , Outide da Garrida e tamén Outide da Sobreira para describir terras de monte de segunda calidade, de cultivo de secaño de segunda e de hortaliza de primeira. Non é es- traña esta heteroxeneidade na descrición das terras que nomeaba, pois trátase dunha área moi ampla. Hoxe, a zona está poboada principal- mente de piñeiro e de eucalipto, pero segundo consta na información sobre os montes de man común do Ministerio de Fomento de 1859, Outide era sitio de vastas carballeiras. Padrón — — O Padrón (A Sobreira) — — O Padrón do Couto (A Sobreira) O substantivo padrón (< latín petrone , derivado de petra ‘pedra’, alte- rado no vocalismo da sílaba inicial) designa de maneira xenérica unha pedra grande, natural ou colocada por man humana, que se emprega

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==