Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 192 Con respecto ao Outeiro de Sobroso é posible, como xa se comentou, que na orixe se referise a un marco e non a unha elevación do terreo, mais hoxe recibe ese nome a extensa área forestal de piñeiro e de euca- lipto sita na Garrida, á altura da primeira volta pronunciada da estrada do monte Alba, logo de pasar Os Mangales. O Outeiro de Tomé , xunto á Mouteira do Freixo , é unha zona de campos con algún cultivo, desde onde hai unhas espléndidas vistas cara ao oeste, coas illas Cíes ao fondo. O topónimo aparece rexistrado con esa mesma forma no Catastro de Ensenada e aplicado a terras de monte de segunda e de terceira calidade. Tomé é o resultado galego correspondente a Thomas , nome dun dos apóstolos; o galego adaptou en - é , a partir da forma do xenitivo, este nome de orixe grega remata- do en - as , como sucedeu con Andreas , que en galego se resolveu en André . Descoñecemos quen puido ser o Tomé que deixou pegada no topónimo. No século xviii , segundo vemos no Catastro de Ensenada, había veciños de Valadares portadores dese nome, pero o topónimo ha de ser anterior. Co nome Outeiro Grande coñécense dous altos dentro da área do monte da Sobreira, un á altura do IES Valadares e outro algo máis ao norte, poboados principalmente de eucalipto. No Catastro de Ensenada rexístranse un Outeiro da Torre , un Ou- teiro da Rabadeira e un Outeiro do Gato que non sobreviviron ata a actualidade. O primeiro describe unha devesa de segunda calidade e, como indica o segundo elemento, debía de estar pola zona da Torre,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==