Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 190 — — Outeiro de Piñeiro (A Sobreira) — — Outeiro de Sobroso (A Garrida, As Barrocas) — — Outeiro de Tomé (O Freixo) — — Outeiro Grande (A Sobreira) O substantivo outeiro é un dos máis rendibles na formación de to- pónimos; na cartografia de Galicia Nomeada recóllense máis de 4500 sitios que conteñen a secuencia outeir- no seu nome. Pode dicirse que Outeiro é unha forma toponímica característica d o territorio da antiga Gallaecia. Formado a partir do adxectivo correspondente ao latín altus (> galego medieval outo ) é un substantivo común para designar unha elevación do terreo illada ou de pouca extensión, mais tamén acabou nomeando, na toponimia e na fala dalgunhas zonas, penedos ou rochas que sobresaen na paisaxe. Este segundo significado é, probablemente, o que está detrás dun dos varios topónimos formados con este substan- tivo que hai na parroquia de Valadares, o Outeiro de Sobroso , onde se sitúa, segundo consta no Catastro de Ensenada, un dos marcos que sinalan a estrema da parroquia coa de Vincios. A forma simple O Outeiro é o nome dun núcleo habitado na baixa- da cara ao Foxo desde O Portal, no barrio deste nome, e xa era lugar habitado en 1753, segundo vemos no Catastro de Ensenada. Outro topónimo O Outeiro no barrio da Garrida, xa na estrema con Vin- cios, denomina unha zona de monte dentro da área coñecida como Os Foxos de Vincios. Coa forma en diminutivo temos dous topónimos O Outeiriño : un no barrio das Barrocas, preto da Aforada (de aí que tamén se rexistre como O Outeriño da Aforada ) e outro no barrio do Freixo, polo camiño da Pinguela, que aparece aplicado a unhas terras de cultivo de hortaliza de segunda calidade no Catastro de Ensenada, onde tamén se nos informa de que era un lugar habitado (unha casa terreña). Máis comúns son os compostos polo substantivo outeiro seguido dun segundo elemento, que adoita conter referencia ao lugar onde se atopa ou a calquera característica que permita distinguilo doutros ou- teiros. É o caso do Outeiro da Faixa (no barrio da Igrexa), o Outeiro da Fame (situado ao leste do parque tecnolóxico e loxístico, xunto aos Fabás, no barrio da Sobreira), o Outeiro da Gaspara (ao suroeste da área con este nome), o Outeiro de Ferro (arboredo dentro da área de Augalonga na Garrida, na estrema con Vincios) e o Outeiro de Piñeiro (  Piñeiro ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==