Toponimia Valadares

189 T O P Ó N I M O S Un terceiro topónimo A Nogueira nomea uns prados no barrio do Freixo, pola estrada de San Xoán, entre o Campo do Rego e o Campo Longo. Ollo da Cabra  Cabra Olmo — — Os Olmos (As Barrocas) Olmo (< latín ulmum ) é o nome común de varias árbores da familia das ulmáceas. Non son unha especie particularmente abundante na flora espontánea galega, mais aínda así a cartografía de Galicia Nomea- da recolle máis de cento corenta lugares que conteñen este substanti- vo na súa denominación. Algúns dos casos en que os olmos deixaron pegada na toponimia responden a plantacións relativamente recentes, posteriores ao século xvi , debido ao emprego de olmos nos bordos dos camiños, vereas e estradas reais en descampados e en lugares moi ex- postos. No Nomenclátor de Galicia constan catro localidades chama- das Os Olmos , todas elas nacidas ao pé dunha vía ou dunha estrada de certa importancia. Os Olmos , en Valadares, é o nome dun pequeno arboredo dentro da área da Valada, no barrio das Barrocas. Outeiro — — O Outeiro (O Portal) — — O Outeiro (A Garrida) — — O Outeiriño / O Outeiriño da Aforada (As Barrocas) — — O Outeiriño (O Freixo) — — Outeiro da Faixa (A Igrexa) — — Outeiro da Fame (A Sobreira) — — Outeiro da Gaspara (O Freixo) — — Outeiro da Rabadeira (A Igrexa) — — Outeiro da Torre (A Igrexa) — — Outeiro de Deus (O Freixo) — — Outeiro de Ferro (A Garrida) — — Outeiro do Gato (O Freixo)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==