Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 188 doce nos sitios do Caramanchel, Seoane, O Foxo, Fontedouro, A Cota- rela, Prado, Babio, O Freixo, A Senra, A Longra e O Carregal. Muro — — Muradas (A Sobreira) Muro (do latín m ū rum ) é un substantivo común que designa calquera valado ou parede, comunmente de pedra. A documentación histórica recolle un topónimo Muradas (o plural feminino do participio do verbo murar ‘cercar cun muro’) como nome dunhas terras de labor na Sobrei- ra, na área hoxe ocupada polo parque tecnolóxico e loxístico. Nogueira — — A Nogueira / A Nogueira dos Fabás (A Sobreira) — — A Nogueira (O Portal) — — A Nogueira (O Freixo) Nogueira (do latín nucariam , derivado de nux, nucis ‘noz’) é o nome común en galego para designar a árbore que dá noces ( Juglans regia ). A ampla presenza de nomes desta familia léxica na toponimia galega dá idea da importancia histórica que tivo esta especie botánica na econo- mía e na paisaxe do país. Como sucede con outros fitotopónimos con este sufixo, tanto mas- culinos coma femininos ( Figueira, Piñeiro, Amieiro …), cando manteñen o mesmo xénero ca o nome da árbore non sempre podemos saber se foron motivados por un único exemplar ou se o topónimo naceu con valor colectivo. En Valadares repítese en varios sitios da parroquia: A Nogueira , no barrio da Sobreira, é unha zona de campos de cultivo ao sur dos Fa- bás, de aí que en ocasións se rexistre coa denominación alternativa de A Nogueira dos Fabás . Outro topónimo idéntico A Nogueira designa unha á rea de terras de labor e algunha vivenda no barrio do Portal, baixando pola estrada do Foxo cara á avenida de Clara Campoamor. Esa Nogueira do barrio do Portal aparece en ocasións en plural ( No- gueiras ) no Catastro de Ensenada, quizais porque designa dúas áreas diferenciadas que tamén se rexistran nese catastro como Nogueira de Abaixo e de Arriba , en ambos os casos describindo cultivos de secaño de segunda calidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==