Toponimia Valadares
17 A p a r r o q u i a d e V a l a d a r e s a cidade de Vigo dedicase unha céntrica rúa ao marqués de Valladares . Na actualidade, a pesar de que desde 1983 a única forma oficial dos topónimos galegos é a forma galega e que o nome da parroquia figura como Valadares no Nomenclátor de Galicia (2003), a forma castelani- zada segue a ter notoria presenza na rotulación viaria. Núcleos habitados. Barrios e entidades de poboación. Valadares nos nomenclátores A dispersión da poboación é característica da Galicia rural. As viven- das ocupan o territorio sen constituír grandes entidades de poboación, senón pequenas unidades, en ocasións de vivendas illadas, que se con- sideran integradas nunha unidade superior que para os efectos admi- nistrativos constitúe un núcleo de poboación; varios núcleos constitúen un barrio e os diferentes barrios forman o conxunto da parroquia. As profundas transformacións que experimentou o territorio de Valadares nas últimas décadas, pola súa condición de periferia dunha gran ci- dade, pola apertura de vías de comunicación novas (a circunvalación VG-20 e a avenida de Clara Campoamor) e polo notable incremento da poboación fan que a percepción que a propia veciñanza ten dos seus núcleos de poboación se vaia modificando ao longo do tempo. Así, por exemplo, na documentación histórica o núcleo de Seoane, en ocasións, considérase barrio autónomo, mentres que hoxe tende a vincularse ao barrio da Garrida. Reproducimos a continuación a entrada correspondente á parroquia no Dicionario geográfico estadístico historico de España y sus posesio - nes de ultramar (1845-1949) de Pascual Madoz, e logo nun cadro as diferentes entidades que constan no nomenclátor oficial de diferentes datas (os núcleos que non figuran considéranse « núcleos inferiores e vivendas diseminadas» ): Valladares, San Andrés. Feligresía con título de villa en la provincia de Pon- tevedra (6 leg), partido judicial de Vigo (1), diócesis de Tuy, ayuntamiento de Lavadores (1). Situación: parte en una canal formada por los montes Sobreiro, Alba y Fayas y parte en otra encañada al oeste de dicho Monte Alba. El clima es benigno y los aires más frecuentes los del norte, sur y oeste. Tiene 275 casas en los barrios de San Juan y Freijó [sic], Alba de Arriba y Barrocas, Feria, Barreira y Carregal, Senrra [sic], Garrida y Costa, Outeiro, Portal y Prado, y Sobreira, Fabás y Seoanes. Hay escuela de primeras letras frecuentada por 140 niños cuyos pa- dres dan al maestro la retribución convenida. La iglesia parroquial se haya ser-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==