Toponimia Valadares

187 T O P Ó N I M O S cursos fluviais, a abundancia de nomes que se refiren a muíños é tamén salientable. Para parte deles existe aínda a construción que os suscitou, que nalgún caso foi obxecto de primorosa restauración, pero doutros non queda máis vestixio ca o propio topónimo. En Valadares, a meirande parte dos nomes en que aparece o subs- tantivo muíño (< latín molinum ) son formas compostas cun segundo ele- mento que se refire á área onde se atopa o muíño ou a formas adxecti- vadas, do tipo Muíño Vello ou Muíño Pequeno . Co nome de O Muíño Vello coñécese unha franxa de campos de labor dentro da área do Cocho da Galiñeira; tamén se emprega Muíño Vello como denominación alternativa do Muíño Pequeno para referirse á área ao pé do encoro de Zamáns onde se atopan o Muíño das Ma- quías e outro de tamaño máis reducido, que posiblemente motivou o nome da zona; este muíño, ademais de ser máis pequeno é tamén máis antigo, de aí o adxectivo, en comparanza co Muíño das Maquías (  Maquía ); o Muíño Vello ou Muíño Pequeno , tamén coñecido como O Muíño de Seoane , si aparece atestado no Catastro de Ensenada, onde se menciona, ademais, o nome con que era designado daquela: «Un molino nombrado Pequeno , al lugar de Seoane » . Outros topónimos que conteñen un composto de muíño cun segun- do elemento referido á localización son o Muíño da Ariña ou Muíño da Areíña , o Muíño da Cotarela , o Muíño da Galiñeira , o Muíño da Pontella , o Muíño da Senra (hoxe restaurado, baixando desde o pa- villón polideportivo cara á Valada), o Muíño de Abaixo e o Muíño de Arriba (que o CME localiza « al sitio do Foxo » ), o Muíño de Abaixo do Cacheiro e o Muíño de Arriba do Cacheiro , o Muíño das Longras (ou Muíño das Loncras , como en Mangales/Mancales ) e o Muíño do Carre- gal , situado pola zona da Lagoa e desaparecido en datas recentes, coas obras do novo hospital. Aínda temos outros dous topónimos que conteñen o substantivo muíño : O Campo do Muíño (próximo á zona de Seoane, na Garrida, talvez motivado polo Muíño de Seoane ) e Tras do Muíño , na zona do Foxo, na Sobreira, topónimo que no Catastro de Ensenada se traduce ao castelán: «Tras del Molino» . Algúns destes muíños aparecen rexistrados na documentación his- tórica, tal e como amosa a resposta ao Interrogatorio do Catastro de Ensenada, onde se declaran catorce muíños fariñeiros na parroquia, dous deles xa daquela en ruínas (nos sitios de Babio e Prado) e os outros

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==