Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 186 Pazos coa inscrición « Baladares » , na entrada do actual termo munici- pal de Vigo por Valadares vindo desde Vincios. Mouta e mouteira son termos de orixe prerromana, derivados dunha ra í z * mott - ‘montículo, elevación, prominencia’, e emparentados remotamente co latín meta (  Madorra ). Nalgunhas áreas da costa galega chámanse tamén mouteiras ou moutillóns as dunas dun areal. Formando topónimo, en Valadares o substantivo aparece nos nomes A Mouteira (no barrio do Freixo, unha zona de campos e de vivendas ao oeste do cemiterio privado) e As Mouteiras , no barrio da Sobreira, aplicado a unha zona de campos con algunha vivenda, xunto á estrada da Garrida. Este último rexístrase no Catastro de Ensenada aplicado a cultivos de secaño. Na mesma zona, algo máis ao norte, temos a Fonte das Mouteiras , dun só cano e con escaleiras de acceso ao fondal en que se encontra; a auga procede de Fontefría. Muíño — — Muíño da Ariña / Muíño da Areíña (O Freixo) — — Muíño da Cotarela (O Carregal) — — Muíño da Galiñeira (O Freixo) — — Muíño das Maquías (A Garrida) — — Muíño da Pontella (O Carregal) — — Muíño da Senra (A Garrida, O Portal) — — Muíño de Abaixo (parque tecnolóxico e loxístico) — — Muíño de Abaixo do Cacheiro (A Garrida) — — Muíño de Arriba (parque tecnolóxico e loxístico) — — Muíño de Arriba do Cacheiro (A Garrida) — — Muíño de Longras / Muíño das Longras (A Sobreira) — — Muíño do Carregal (O Carregal) — — Muíño Pequeno / Muíño Vello (A Garrida) — — Muíño Vello (O Freixo) — — Campo do Muíño (A Garrida) — — Tras do Muíño (A Sobreira) Segundo os rexistros de Galicia Nomeada, cóntanse por milleiros os microtopónimos galegos que conteñen o substantivo muíño , e no Nomenclátor de Galicia está presente no nome de máis dun cento de localidades, o cal dá unha idea da importancia destas construcións de enxeñaría hidráulica en Galicia. Na parroquia de Valadares, con varios

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==