Toponimia Valadares

185 T O P Ó N I M O S No topónimo As Pedras do Moucho , que denomina unha parte da extensa área do monte da Sobreira, no barrio deste nome, parece pro- bable que obedeza á presenza destas aves na zona. Mouro, Moura — — Os Mouráns / As Mouráns (A Sobreira) — — As Mourellas (A Sobreira) Procedentes do latín maurum , mauram ‘de cor escura’, os adxectivos mouro , moura na toponimia poden referirse á cor escura ou negra dun determinado elemento da paisaxe, cando non están formadas a partir dun nome ou dun sobrenome de propietario. Na parroquia de Valadares, Os Mouráns ou As Mouráns contén o plural dun adxectivo mourán ou dun colectivo moural formados a par- tir do adxectivo mouro , moura , aplicados ás terras ou á vexetación de cor escura. É unha zona de campos no barrio da Sobreira, preto da estrema coa parroquia de Beade, onde tamén existe o mesmo topó- nimo ( As Mouráns ). No Catastro de Ensenada aparece atestado como Mourans e Mourans de avajo , cualifícase como regadío de primeira e de terceira calidade e dise que linda ao norte con terra propia fóra do termo (isto é, con Beade). Un diminutivo de moura correspondente a un étimo latino mauric ŭ lam está na orixe do topónimo As Mourellas , uns campos de labor preto dos Fabás, no barrio da Sobreira. No Catastro de Ensenada aparece indistin- tamente en singular e en pural ( Mourella, Mourellas ) e nomea terras cla- sificadas como monte e como labradío de secaño de segunda calidade. Mouteira — — A Mouteira (O Freixo) — — As Mouteiras (A Sobreira) — — Fonte das Mouteiras (A Sobreira) Unha mouta ou mouteira é unha elevación ou unha prominencia no terreo, ben natural, como unha matogueira ou mogote vexetal ou uns penedos, ben obra humana, como marco (un montículo, unha mámoa, unha pedra) que sinala o linde dunha demarcación. Esta última acep- ción do termo foi común na parroquia de Valadares, onde se conserva unha mouteira do século xvii restaurada pola asociación Amigos dos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==