Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 184 Carballeses [sic, por Carballases ] e a rúa da Manguela. Do nome desa área recibiu o seu nome o Camiño da Moscaveira . Moscaveira é un zoónimo que designa unha clase de mosca, tamén chamada mosca do gando , de cor veira (< latín varia ) e non negra, como a mosca común. Un coñecido verso en galego do rei Afonso X o Sabio onde fala do alacrán negro e o alacrán veiro ilustra o uso deste adxectivo cromático aplicado á cor dun animal. Interpretamos que o espazo chamado A Moscaveira adquiriu ese nome pola presenza ou pola abundancia destes insectos. No Catastro de Ensenada as propie- dades localizadas «al sitio de Moscaveira» descr íbense co mo terras de monte en todos os casos, non sendo nun en que son cultivos de regadío de terceira calidade. Neste catastro, o topónimo aparece ás veces en masculino: Moscaveiro , Mos caueiro e Mos Caveiro de Leiras , pero na documentación do século xvii dos foros do convento pontevedrés de San Domingos (1646-1660) mostra que a forma orixinaria era a femi- nina. Moucho — — A Moucha (As Barrocas) — — As Pedras do Moucho (A Sobreira) Moucho é o nome galego dunha ave rapaz nocturna ( Athene noc- tua ) relativamente común, máis pequena ca a curuxa ou ca o bufo, ca- racterizada por non ter na cabeza as plumas en forma de cellas, orellas ou cornos que ten este último. Crese que o nome do moucho , igual ca o paralelo castelán mochuelo , poden proceder do latín * noctuolum , cunha alteración da consoante inicial. Dado o uso de Moucho ou o seu feminino como sobrenomes, non sempre podemos saber se os top óni - mos que os conteñen obedecen á presenza das aves ou ao alcume dun propietario. A Moucha é o nome dunha pequena área no barrio das Barrocas, subindo desde a igrexa pola estrada do Regueiro, na actualidade cun par de vivendas. Repítese o mesmo topónimo nas parroquias viguesas de Beade e de Alcabre, e é verosímil que nos tres casos conteña un antropónimo, ben por unha posuidora alcumada A Moucha , ben me- diante unha forma feminina con valor adxectivo ( A Moucha = ‘A do Moucho’).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==