Toponimia Valadares

183 T O P Ó N I M O S traslados , 1646-1660) relativos a foros deste convento no Val de Fra- goso, nos lindes de propiedades situadas na estrema de Matamá con Valadares menciónase o « camino que va para el monte da Mo » . Mora, Amora — — A Moreira (O Portal) Moreira (< latín morariam ) é o nome común dunha árbore da fami- lia das moráceas. Pola documentacion medieval temos constancia da presenza desta árbore na paisaxe galega, que no pasado se aproveitaba na cría dos vermes de seda. Na toponimia, os nomes relacionados coas moreiras poden confundirse con outros de distinta orixe etimolóxica, e non podemos descartar que algúns deles se refiran á silveira ( Rubus fructicosus ), polos seus froitos tamén chamados amoras ou moras . Temos un único exemplo na toponimia de Valadares en A Moreira , denominación dunha franxa de matogueira xunto á Cotarela, no barrio do Portal. Moscaveira — — A Moscaveira (O Portal) — — Camiño da Moscaveira (O Portal) Chámase A Moscaveira unha extensión alongada de mato situada dentro da área do actual parque tecnolóxico, entre a rúa chamada dos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==