Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 182 Monteira — — A Monteira (A Sobreira) — — A Monteira (A Igrexa) Monteira é un derivado de monte presente en dous topónimos da pa- rroquia: A Monteira , nome duns campos de labor ao oeste dos Seixos, no barrio da Igrexa, e A Monteira , ao oeste do encoro de Zamáns, unha zona de bosque na estrema coa parroquia veciña onde, por certo, se repite este topónimo. Descoñecemos a motivación que os orixinou. Dado o emprego de Monteiro como sobrenome ou como apelido, ben aplicado á persoa dedicada á caza ou á montaría, ben a quen traballa no monte extraendo pedra, cremos verosímil que estes topónimos te- ñan orixe nun antropónimo ( A Monteira = ‘A de Monteiro’), mais non podemos descartar outras motivacións. Posto que A Mouteira aparece nalgunhas fontes erradamente como A Monteira , non podemos des- cartar a posibilidade de que nalgún destes casos teñamos unha forma alterada dun primitivo A Mouteira (  ). Mó — — A Mó do Sues (O Carregal) O substantivo feminino mó é o resultado do galego suroccidental e do portugués correspondente ao galego común moa (< latín molam ) ‘peza dentaria da parte posterior da boca con que se tritura a comida’ e tamén ‘pedra do muíño’, un termo relacionado co verbo moer (< latín molere ). Na toponimia, este substantivo adoita empregarse para desig- nar penedos illados, de formas erosionadas, que poden lembrar unha moa da boca. Está presente, na forma do plural, no nome do concello de Mos, veciño do de Vigo. Na toponimia de Valadares témolo nun topónimo A Mó do Sues , que denomina unha zona de arboredo (hoxe eucalipto, principamente) no barrio do Carregal, na estrema coa veciña parroquia de Matamá. A Mó é o nome dun dos núcleos habitados de Matamá, e del toma o seu esta zona xa pertencente a Valadares. No complemento do Sues temos unha alteración seseante do castelanismo juez ‘xuíz’, acaso referido ao xuíz do antigo couto de Valadares. No Catastro de Ensenada rexís- trase como Moo e designa terras clasificadas como monte de terceira calidade. Nos documentos de San Domingos de Pontevedra ( Segundos

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==