Toponimia Valadares

181 T O P Ó N I M O S ese uso por ser a administración real a que instalou o mollón ou o pa- drón que suscitou o topónimo, tal como se informa no adxectivo real , tamén presente no nome do veciño Camiño Real ou Estrada Real que viña de Tui e pasaba por Beade nesa zona estremeira coa parroquia de Valadares na Sobreira, hoxe ocupada polo parque tecnolóxico. Monte — — Monte Alba (As Barrocas) — — Monte Cepudo (As Barrocas) — — Monte Pequeno (O Freixo) — — Monte Sobreiro / Monte do Sobreiro (A Igrexa) — — Monte da Devesa (O Freixo) — — Monte da Raposa (A Garrida) — — Monte da Sobreira (A Sobreira) — — Monte do Castro (O Carregal) — — Monte do Gabián (A Igrexa,O Freixo) — — Monte dos Pozos (As Barrocas) O substantivo monte (latín montem ) adoita utilizarse con dous sig- nificados: ben para designar unha elevación importante de terreo, ben para referirse a espazos bravos ou non cultivados, cubertos de vexe- tación espontánea, en moitos casos arbórea. É sobre todo o primeiro destes significados o que motiva a súa enorme presenza na toponimia. Pola súa orografía, na parroquia de Valadares repítese en bastantes topónimos: Monte Alba (  Alba ), Monte Cepudo (  Cepudo ), Monte dos Pozos (  Pozo ), Monte Pequeno (pequeno núcleo de vivendas ao oeste do cemiterio particular), Monte Sobreiro (zona de arboredo e de mato entre a estrada de Valadares e o camiño da Igrexa), Monte da Devesa (xunto á Devesa de Abaixo, no barrio do Freixo), Monte da Ra- posa , no barrio da Garrida (  A Raposa ), Monte da Sobreira , masa fo- restal hoxe de piñeiro e de eucalipto na Sobreira (  A Sobreira ), Monte do Castro (zona boscosa ao oeste da Tomada, no barrio do Carregal) e Monte do Gabián , unha zona de campos e de arboredo ao leste do cemiterio particular, entre A Igrexa e O Freixo (  Gabián ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==