Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 180 ma orixinaria destes topónimos fose As Mitoas , isto é, As de Mitón . A alteración do S en R ou L ( As Mitoas / Armitoas / Almitoas ) é paralela da que conduciu ao resultado San Colmado desde un orixinario San Cos- mado . O topónimo serve de referencia a outros dous nomes situados dentro da mesma área: O Picoto das Mitoas (  Picoto ) e a Fonte das Mitoas (  Fonte ). Mixto — — A do Mixto / A do Misto (O Freixo) Coñécese como A do Mixto ou A do Misto unha área de vivendas e de terras de labor no barrio do Freixo, ao suroeste da Gaspara. Desco- ñecemos se conteñen o adxectivo mixto (< latín mixtum ) ou o substan- tivo misto ‘fósforo’, da mesma orixe etimolóxica, e tampouco sabemos cal puido ser a motivación do topónimo. Coa estrutura A de + nome , tamén é probable que Misto ou Mixto sexa aí un sobrenome ou un alcu- me de propietario. No Catastro de Ensenada e noutras fontes rexístrase nesa área unha Cavada do Mistico ( Místico ?), que non puidemos loca- lizar na actualidade e que talvez garde relación co topónimo actual. Mollón — — O Mollón Real (A Sobreira) No topónimo O Mollón Real temos un exemplo do emprego do termo mollón (< latín mutulonem ‘madeira espetada nun muro’ e, por extensión, ‘pedra cravada no chan para sinalar os lindes dunha propie- dade’). Mollón é un substantivo menos estendido na toponimia da zona ca os seus sinónimos ( marco, mouteira, padrón… ) e talvez se explica

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==