Toponimia Valadares

179 T O P Ó N I M O S Miragaia é un nome relativamente frecuente na toponimia de Ga- licia e de Portugal e contén un composto do verbo mirar cun antigo adxectivo de orixe provenzal gaio, gaia ‘alegre’, emparentado co verbo latino gaudio ‘gozar, alegrarse’. Vén sendo un toponimo de reperto- rio, equivalente ao seu sinónimo Vista Alegre e outros semellantes que coma os antigos O Viso (< latín visum ‘vista’) ou Belvís (< bellum visum ) se aplicaron a lugares que gozan dunhas boas vistas panorámicas (  Balcón ). Miragaia é un topónimo que se repite noutras parroquias de Fragoso, en ocasións cunha variante Viragaia , sempre en lugares con esas características. En Valadares, A Miragaia é efectivamente unha zona elevada sobre o monte das Faixas e do Zondal, á cal se accede subindo desde a igrexa parroquial pola estrada do Regueiro. Responde ás mesmas características de miradoiro natural sobre un amplo pano- rama unha área próxima ao centro educativo da Sobreira denominada igualmente A Miragaia ou A Viragaia . Mitón — — As Mitoas (O Freixo) — — O Picoto das Mitoas (O Freixo) — — Fonte das Mitoas (O Freixo) Unha extensa área de monte ao noroeste da parroquia, no barrio do Freixo, aparece nas fontes escritas con moitas variantes gráficas: Armitoas , Almitoa , Almitoas , Ermitoa , Hermitoa , Hermitoas , Hermitoa de Alba , Hermitoa de Veiga Grande , Almitoa o Cans … As terras que re- ciben ese nome aparecen caracterizadas no Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados como tomada e labradío. A propia variabilidade de formas con que se rexistra por escrito mostra que se trataba dun to- pónimo escuro para a xente. Algunhas grafías parecen relacionalo coa familia léxica do castelán ermita , pero é un erro baseado na semellan- za, pois esa relación é imposible por razóns fonéticas. Dadas as carac- terísticas dialectais do galego falado no Val de Fragoso, a terminación - oas só pode responder a un étimo con nasal - onas . Considerando que na zona é habitual o emprego de adxectivos femininos creados a partir dun antropónimo para denominar propiedades (como en A Simona , A Falcoa , A Garrida, A Gaspara, A Baltasara …) e que existiu en Galicia un nome masculino medieval Mitón ou Mittón , de orixe controvertida, quizais xermánica (do gótico miton ‘considerar’), é verosimil que a for-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==