Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 178 entre as propiedades do convento de San Domingos de Pontevedra en Valadares e Fragoso no século xvii (1646-1660). O plural As Milladas nomea outra área no barrio do Carregal, xunto á Simona, onde tamén hai a presa chamada a Presa das Milladas . O topónimo aparece atestado en singular ( Millada ) no Catastro de Ense- nada, aplicado a terras de monte de segunda calidade. Mina — — As Minas (A Garrida) — — A Mina da Cal (O Freixo) — — As Minas do Marqués (A Garrida) — — As Minas do Souto (As Barrocas) — — Fonte da Mina da Devesa (O Portal) O substantivo común mina (< latín minam ) designa na toponimia da zona toda obra subterránea que se escava para extraer ou conducir auga. En Valadares repítese este substantivo nos topónimos As Minas (na subida ao monte Alba, xunto aos Mangales), A Mina da Cal (unha zona de monte dentro da área da Lapela, xa na estrema con Chan- debrito), As Minas do Marqués (no barrio da Garrida, na baixada ao campo de fútbol), a Fonte da Mina da Devesa (na Devesa, no barrio do Portal) e As Minas do Souto (xunto á estrada do Souto, no barrio das Barrocas). Miragaia — — A Miragaia (As Barrocas) — — A Miragaia / A Viragaia (A Sobreira)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==