Toponimia Valadares

177 T O P Ó N I M O S Milio (Emilio) — — Milio de Arriba (As Barrocas) — — Milio de Abaixo (As Barrocas) Milio de Arriba e Milio de Abaixo constan na cartografía actual como nomes dunha zona pequena de campos de labor na encrucillada da estrada das Barrocas coa do Souto. Os complementos de arriba e de abaixo responden á localización respecto da pendente da propia es- trada das Barrocas. Trátase dun « topónimo de propietario » . Milio é un nome persoal, hipocorístico ou variante coloquial de Emilio por aférese da vogal inicial. Millo — — A Millada (O Freixo) — — A Millada (O Freixo) — — A Millada do Sobreiro (O Freixo) — — As Milladas (O Carregal) — — Presa das Milladas (O Carregal) O millo americano ( Zea mays ) recibiu en Galicia e noutras partes o nome previamente aplicado a outras especies como o millo miúdo ou o paínzo e semellantes ( Panicum miliaceum , Setaria italica …). Segundo certa lenda etimolóxica latina, o millo miúdo chamábase milium , un derivado do numeral mil , porque das sementes dun pé desta planta na- cían mil plantas novas, do mesmo xeito que o nome do centeo era un derivado de cento ( centenum ) porque nacían cen. Nos topónimos que conteñen derivados de millo non sempre podemos saber se se refiren ao millo histórico ou millo miúdo ou ao millo actual, o millo americano. A difusión do cultivo deste último desde o século xvi fixo mudar notable- mente a paisaxe rural galega e na toponimia orixinou moitas cachadas , rozadas e termos semellantes. O topónimo A Millada parece conter un derivado de millo , quizais motivado por dedicárense as terras así chamadas ao cultivo do cereal. En Valadares recibe este nome unha zona de vivendas e de campos de labor na estrema coa Costa do Freixo, ao oeste do cemiterio privado. A Millada é tamén o nome doutras terras ao oeste dos Bértolos, deno- minadas tamén A Millada do Sobreiro . Quizais se corresponde coa Millada do barrio do Freixo un Campo da Millada que se menciona

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==