Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 176 Mesadalto — — A Mesadalto / A Meixoada Alta (A Sobreira) Recibe na actualidade o nome de A Mesadalto unha área de monte no barrio da Sobreira, situada na parte norte do Padrón do Couto. Con- tén unha alteración dun orixinario A Meixoada Alta ou Ameixoada Alta , cun substantivo da familia de ameixoar (< latín ad mansionare ‘recoller o gando no monte para levalo ás cortes’), como Meixón , Meixoeiro etc., e o portugués Ameijoada . O nome debeu deixar de ser transparente para os falantes xa hai séculos, o que explica a progresiva deformación; consta no Catastro de Ensenada na demarcación da veciña parroquia de Zamáns, que nomea un dos marcos contiguos ao do Padrón do Cou- to (  Pedra ; lémbrese que ese couto é a parroquia de Valadares) escrito como «marco de meija de alto» . Os derivados de ameixoar son topónimos relativos ao pastoreo e teñen significativa presenza na área tudense e no Miño portugués. En Galicia Nomeada rexístranse no Morrazo dous topónimos Ameixoada de Arriba que podemos considerar sinónimos desta Ameixoada Alta .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==