Toponimia Valadares

175 T O P Ó N I M O S segunda calidad » . Non aparece en ningunha outra fonte nin dispoñe- mos de información que nos permita localizalo con exactitude na ac- tualidade. Talvez é unha variante oral, ou acaso un erro da escrita, por Bazocal , nome dunha zona no barrio do Portal (  Bazocal ). Medio — — A Veiga do Medio (O Freixo) — — O Campo do Medio (A Garrida) — — O Campo do Medio (O Carregal) — — O Mato do Medio (O Freixo) — — Os Campos do Medio (A Sobreira) O substantivo medio (< latín medium ) adoita aparecer en topónimos compostos que indican a situación dun lugar ou dunha propiedade con respecto a outras localizacións que se toman como referencia e entre as cales se encontra. En Valadares aparece formando os topónimos A Vei- ga do Medio (  Veiga ), O Campo do Medio e Os Campos do Medio (  Campo ). Menor — — A Menora (A Garrida) A Menora é unha área de campos no barrio da Garrida, xunto á estrada da Costa. O topónimo é un feminino do adxectivo menor . É verosímil que na súa orixe se aplicase a propiedades da orde dos Fra- des Menores , unha das principais ramas dos franciscanos, aínda que tamén puido aplicarse a propiedades de herdeiros menores de idade administradas por un terceiro. Cremos que neste caso o topónimo res- ponde á primeira destas motivacións, pois existe constancia de que esa congregación tiña terras aforadas en Valadares: na documentación do convento das franciscanas de Vigo ( Memorial cobrador de censos , 1672) relativa ás propiedades situadas na parroquia de Valadares men- ciónase unha « heredad de los menores » e tamén « otro pedaço qu’es de los menores» próximos ao camiño « que va para San Juan del Freixo » .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==