Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 174 O Mato da Eira é unha zona de matogueira entre vivendas, na es- quina que forma o camiño da Pinguela coa estrada do Freixo; aparece rexistrado no Catastro de Ensenada coa forma « Matos de ayra » ; O Mato do Areeiro , no barrio do Freixo, designa unha parte de monte dentro da extensa área do Areeiro. Na estrema con Zamáns atopamos O Mato do Cacheiro , na zona que leva o mesmo nome e que suscitou varios topónimos (  Cacheiro ). O Mato do Cruceiro é o nome dun pequeno núcleo de vivendas na estrada de San Xoán, ao norte do Cruceiro do Freixo. No barrio da Sobreira temos O Mato da Porta , O Mato da Ren- da e O Mato das Xestas , e no Freixo, O Mato do Medio . En composto adxectivado temos O Mato Grande (área de monte ao oeste do Zondal, no Freixo) e O Mato Vello . Este último, rexistrado como Matobello e outras variantes no Catastro de Ensenada, nomea unha área de matogueira e de arboredo no barrio do Carregal, onda o camiño dos Seixos. O Portal do Mato é o nome dun núcleo de vivendas no barrio do Freixo, ao oeste do monte dos Pozos (  Porta ). Outro topónimo da parroquia formado co mesmo substantivo é Tras do Mato , unha pequena área de prado próxima ás naves do parque tecnolóxico e loxístico, no barrio da Sobreira (  Tras ). Mazocal — — Mazocal (O Portal) O Catastro de Ensenada recolle en Valadares un topónimo Mazocal aplicado a unha propiedade cualificada como « sembradura secano de

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==