Toponimia Valadares

173 T O P Ó N I M O S Mato — — O Mato (O Freixo) — — O Mato / O Mato de Paredes (A Igrexa, As Barrocas) — — O Matiño / Os Matiños (O Freixo) — — O Mato da Besta (O Freixo) — — O Mato da Eira (O Freixo) — — O Mato da Porta (A Sobreira) — — O Mato da Renda (A Sobreira) — — O Mato das Xestas (A Sobreira) — — O Mato do Areeiro (O Freixo) — — O Mato do Cacheiro (A Garrida) — — O Mato do Cruceiro (O Freixo) — — O Mato do Medio (O Freixo) — — O Mato Grande (O Freixo) — — O Mato Vello (O Carregal) — — O Portal do Mato (O Freixo) — — Tras do Mato (A Sobreira) Os substantivos mato , mata son termos de orixe prerromana (< * matto , * matta ) e están presentes nas diferentes linguas da península. Entre outras acepcións, designan principalmente a vexetación brava, de arboredo ou de maleza, propia de áreas sen cultivar. Con eses sig- nificados atopámolos xa na documentación antiga. Os topónimos for- mados con estes termos son moi comúns en toda Galicia; o Nomenclá- tor recolle preto dun cento de localidades que conteñen no seu nome os substantivos mato , mata ou derivados. Temos varios topónimos co masculino na parroquia de Valadares: A forma simple, O Mato , designa unha pequena zona dentro da área coñecida como O Outeiriño, no barrio do Freixo, preto do camiño da Pinguela . O Mato é tamén o nome doutro terreo de campos e de monte baixo no barrio da Igrexa, onde estrema co das Barrocas, preto da zona coñecida como Paredes, razón pola cal tamén é coñecido como O Mato de Paredes . Un derivado diminutivo, O Matiño , e tamén o plural Os Matiños , nomean unha zona de monte de pequena extensión, talvez de aí o di- minutivo, ao oeste do Malladeiro, no barrio do Freixo. Máis recorrentes son os topónimos compostos en que o substantivo mato aparece determinado por un segundo elemento:

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==