Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 172 O nome persoal Martiño é o resultado galego do latín martinus . É un dos nomes máis característicos da tradición onomástica masculina galega de todos os tempos, desde que no século vi San Martiño Du- miense, bispo de Braga, difundiu na Gallaecia o culto de San Martiño de Tours. Na parroquia de Valadares leva este nome unha zona de vivendas xunto a San Xoán e A Ermida, no barrio do Freixo, chamada Martiño seguramente polo nome dun antigo propietario. Os Martices é o nome dunha área de monte entre os barrios do Carregal e da Igrexa, ao oeste dos Seixos. Contén a forma plural do apelido patronímico galego Martiz , derivado do nome persoal Martiño . No Catastro de Ensenada aparece coa forma seseante Martises , men- tres que no Libro de afanegados en ocasións menciónase castelaniza - do como Martínez . O topónimo contén en plural o apelido da familia propietaria. Martiz rexístrase como apelido na parroquia na documen- tación dos preitos do século xvi (coas grafías Martiiz , Martiz , Martís ); a partir desa data, nas fontes escritas aparece sempre coa forma castela- nizada Martínez . Maruxa, Moruxa — — Os Maruxentos (O Freixo) O substantivo moruxa , coas variantes muruxa , moruxes e tamén maruxa (por identificación na etimoloxía popular cun hipocorístico do nome María ) é a denominación usual en galego para nomear a planta tamen coñecida como herba paxareira , de nome científico Stellaria me- dia . O termo galego provén do latín muruginem , derivado de mus, muris ‘rato’, pois un dos nomes latinos desta planta era muris auris ‘orella de rato’. Unha forma derivada de maruxa co sufixo adxectival -ento , aplicada a lugares onde se dá en abundancia esa planta, é Os Maruxentos , unha zona de monte ao norte da Gaspara, no barrio do Freixo, na estrema coas parroquias de Comesaña e de Matamá. De feito, no Catastro de Ensenada as propiedades rexistradas co nome de Marujentos e Moru- jentos , cualificadas de monte de terceira, lindan ao norte «con monte propio fuera del término » , isto é, xa na parroquia de Comesaña.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==