Toponimia Valadares

171 T O P Ó N I M O S Mariña — — As Mariñeiras (A Sobreira, O Portal) O adxectivo mariño (< do latín marinum ) aplícase en xeral ao relativo ou pertencente ao mar, ao igual ca o derivado mariñeiro , mariñeira , tamén usado como substantivo para designar a persoa que traballa no mar. As Mariñeiras era o nome dunha área nos terreos ocupados hoxe polo parque tecnolóxico e loxístico. Descoñecemos a motivación do topónimo; quizais puido aplicarse a terras destinadas ao cultivo da pa- taca, pois este tubérculo tamén foi coñecido inicialmene co nome de castaña mariña ou simplemente mariña , debido á súa orixe de ultramar. Esta denominación perdurou varios séculos logo de que este produto fose introducido desde América no século xvi e chegase a se converter no substituto da castaña e un dos piares fundamentais da alimentación en Galicia. Así e todo, non podemos descartar a posibilidade de que o topónimo sexa a forma plural dun alcume de propietaria ou un femini- no do correspondente masculino ( As do Mariñeiro ). Por outra banda, Afonso Salvador Rodríguez, no seu traballo sobre a toponimia de Can- deán, explica que o substantivo mariñeira no Val de Fragoso tamén se usou como denominación do carro cargado de batume que se apañaba no monte comunal e se vendía despois nas parroquias do litoral, que tiñan máis dificultades para conseguiren esterco para os seus cultivos. Marqués, Marquesa — — O Pinal do Marqués (A Garrida) — — O Pinar do Marqués / O Pinal do Rei (O Freixo) — — As Minas do Marqués (A Garrida) — — Camiño da Marquesa (A Igrexa) Nestes topónimos consérvase referencia aos antigos señores do cou- to de Valadares e han de ser por forza posteriores a 1673, data de crea- ción do marquesado (  Pinar, Mina, Camiño). Martiño — — Martiño (O Freixo) — — Os Martices (A Igrexa, O Carregal)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==