Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 170 de Deus y el de Freixo dividiendo a de San Pedro de Matamá y de este separado la de san Andres de Comesaña pasa a outro intitulado Marco de Areeiro del qual dividiendo la de san Salvador de Corujo sigue al que se denomina Fragoselo del qual separando a la de Camos prosigue por el sur a los nombrados Castro de Brito y Mariñas y de alli dividiendo la Feligresia de Santa Mariña de Binzios a los que se dizen do Outeiro de Louro, Outeiro de Sobroso, Fojo, Agua Longa, Cabreiros, Río de Maquías y Muiño Pequeño siguiendo por la parte de Levante camina a dar al intitulado Padron de Couto del que ba a zerrar con el referido de Cruz de Fuente Fria… María Andrés — — O Cocho de Mariandrés (O Carregal) O Cocho de Mariandrés (  Cocho ) é o nome dunha terra de la- bor no barrio do Carregal, ao leste da área do Canizo. O topónimo non aparece atestado en 1753 nin en 1877, polo que podería ser de creación máis recente. O segundo elemento deste composto, motivado por un nome de propietaria, pode ser unha alteracion por interferencia da forma castelá do nome masculino, Andrés , sexa a partir dun nome composto María Andrea ou do nome seguido de apelido patronímico, María André. Un feminino da forma castelá Andrés está presente nou- tro toponimo da parroquia, A Andresa (  ). Na parroquia de Bembrive existe o topónimo A de María Andrea , motivado por unha propietaria portadora dese nome composto, o cal foi relativamente común na ono- mástica persoal da zona (por exemplo, pola documentación histórica sabemos que unha María Andrea de Guzmán acompaña un fillo do marqués de Valadares nunha viaxe a México realizada a finais de sé- culo xvii ). Marica — — Marica / A de Marica (As Barrocas) Marica é un hipocorístico ou unha variante familiar e afectiva do nome persoal feminino María . Algunhas fontes rexistran Marica ou A de Marica nas Barrocas, como denominación alternativa de Os Gurgu- lli ñ os (  ).

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==