Toponimia Valadares

169 T O P Ó N I M O S O conxunto etnográfico coñecido como O Muíño das Maquías , si- tuado onda o encoro de Zamáns, non se rexistra no Catastro de Ense- nada, pois é unha construción posterior a 1753. Tomou o seu nome do da área en que se encontra. No mesmo catrastro rex í strase un Río das Maquías ou de Maquías , do cal se di que é a demarcación con Santa Mariña de Vincios. Co- rresponde ao curso fluvial coñecido hoxe como Río de Zamáns ou Río Zamáns , que tamén recibe no seu tramo inicial o nome de Río do Amial  (  ). Marco — — O Marco da Gándara (A Garrida) Marco é un nome común en toda Galicia para referirse ao fito ou á pedra que sinala a estrema ou o linde dunha propiedade ou dunha demarcación administrativa. É unha palabra de orixe xermánica e xa se rexistra abundantemente na documentación galega anterior ao ano 1000. Para este uso, o termo marco alterna co de padrón (  Pedra ) ou outros sinónimos. Na parroquia de Valadares este substantivo aparece formando o composto O Marco da Gándara (  Gándara ), nome dunha zona de campos situada xunto á rotonda da Pasaxe, na estrema con Vincios, onde se situaba un dos fitos da demarcación do couto, tal e como des- cribe o Interrogatorio do Catastro de Ensenada correspondente á veciña parroquia de Vincios: « ...da Gándara, donde se halla de mojón una pie- dra movediza con una Cruz gravada en la Coronilla, de allí va a donde nombran Las Maquilas, donde hay otro igual mojón...». Na resposta terceira ao Interrogatorio dese catastro correspondente a Valadares, ao describir a demarcación da parroquia cítanse os seguin- tes marcos: …a la tercera dixeron que el término que ocupa el término de la expresada villa es de levante a poniente una legua, de norte a sur tres quartos y de circunfe- rencia tres leguas y media y linda a levante con el coto de Samanes, a Poniente con las feligresias de san Andrés de Comesaña y san Salvador de Corujo y santa Eulalia de Camos, a Norte con dha de Beade y la de san Pedro de Matamá y a sur con la feligresia de santa Mariña de Binzios cuia demarcación principiando a la parte del Levante en el marco nombrado piedra da cruz de Fuente fría con- finando con dha feligresia de Samans y Beade, sigue por el Norte dividiendo a la mencionada de Beade a dar a los Marcos de Amial, Hilla y Carregal de Seixo, y de este ba a dar por al parte del Poniente a los que denominan Castro, Outeiro

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==