Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 168 estrada do Monte Alba, no barrio da Garrida. Na documentación his- tórica aparece maioritariamente en singular, O Mangal ou O Mancal , tanto no Catastro de Ensenada coma no Libro de afanegados , descri- bindo terras cualificadas de toxal e de tomada. A vacilación mangal / mancal obedece a un fenómeno da fonética local relativamente común en áreas de gheada, que consiste en pronunciar o fonema /g/ como /k/ cando vai tras consoante nasal ( domingo / dominco ). Dentro da área dos Mangales atópanse o lavadoiro coñecido como O Lavadouro dos Mangales , xunto á fonte da Garrida , e un Camiño dos Mangales , escrito na rotulación viaria municipal erradamente co nome Camiño dos Nancales . Tamén responden á mesma motivación de designar realidades es- treitas e alongadas os topónimos formados cun diminutivo de manga : As Manguelas , nome dunha área de mato e de arboredo ao oeste do Malladeiro, no barrio do Freixo. A mesma forma en singular, A Man- guela , denomina outros dous espazos da parroquia: unha zona de pra- do e de mato no barrio do Portal, xunto ao Covelo, e outra de campos de labor no barrio das Barrocas, xunto aos Bértolos; ambos son pro- piedades de forma alongada e estreita. No Catastro de Ensenada esta segunda rexístrase como «sitio de Mangela» [sic] e vén caracterizada como labradío e como devesa de segunda calidade. Maquía — — As Maquías (A Garrida) — — Muíño das Maquías (A Garrida) As Maquías é o nome de toda a extensa área de monte onde conflúen as estremas das parroquias de Valadares, Zamáns e Vincios; abrangue tamén as últimas vivendas da Garrida e a parte leste do polígono indus- trial da Pasaxe. O substantivo maquía é un termo común galego procedente do ára - be makila ‘medida’, que se aplicaba á porción de gran ou de fariña con que se lle pagaba ao muiñeiro cada vez que se moía. A existencia na zona de varios muíños maquieiros (así consta no Catastro de Ensenada da parroquia de Vincios) foi seguramente o que motivou a denomina- ción As Maquías , que aparece nese catastro castelanizado en ocasións como Las Maquilas , e designa terras de monte de segunda calidade.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==