Toponimia Valadares
15 A p a r r o q u i a d e V a l a d a r e s pronuncia Valadares . Esa é a forma xenuína dos topónimos e nos máis dos casos subsistiu con plena vixencia na fala ata a actualidade, por máis que en ocasións se rexistrasen por escrito como Valladares . Cons- titúe unha excepción o Valadares do Val de Fragoso, onde o castelanis- mo coñeceu notable difusión. Na súa orixe no século xvi , a castelanización de Valadares en Va- lladares produciuse exclusivamente no apelido dos señores, mentres que para referirse ao couto seguía usándose comunmente o nome tra- dicional Valadares . En documentación anterior tamén podemos ver exemplos do topónimo ou do apelido escritos con LL, pero debemos interpretar que representa o mesmo son de L. No testamento de Grego- rio Sarmiento, do ano 1475, lemos « Eu, Gregº de Valladares (…), meu padre Gonçalo de Valadares…». Desde o século xvii as fontes escritas en castelán usan o topónimo e a advocación parroquial coa forma castelanizada, de xeito que o Santo André de Valadares medieval pasa a ser San Andrés de Valladares nos documentos escritos. Con esta denominación aparece, por exemplo, nos Censos de la Corona de Castilla no século xvi , na obra de Prudencio de Sandoval, bispo de Tui, de 1610, e en case todas as fontes posterio- res. Podería pensarse que foi a institución do marquesado, creado no século xvii xa coa forma castelanizada do topónimo ( « Marqués de Va- lladares» ) a que contribuíu a asentar a variante castelanizada, pero tes- temuños como o de Nicolás Taboada Leal en 1840 móstrannos que na primeira metade do século xix a denominación común na zona seguía a ser Valadares , especialmente entre os veciños da parroquia: «…en el siglo xiii se llamaba con el mismo nombre que tiene en la actualidad, sin embargo se nombraba más comúnmente Valadares , y todavia mu- chos naturales del país, y con especialidad los vecinos de la parroquia, la denominan de este último modo » (Taboada Leal, 1840: 100).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==