Toponimia Valadares

167 T O P Ó N I M O S cito [sic] en dicha feligresía » (1672). O topónimo aparece atestado no Catastro de Ensenada coas grafías Malladeiro , Malladeyro , Malladeiros e Malladeiros , e describe terras de monte e mais de cultivo de secaño e de regadío. Mandín — — O Mandín / Os Mandíns (As Barrocas) — — A Auga do Mandín (As Barrocas) O Mandín ou Os Mandíns é unha zona de campos de labor, prados e mato no barrio das Barrocas, ao sur do Pedregal da Valada. Parece probable que o topónimo se deba a un apelido ou a un sobrenome de propietario, posiblemente oriúndo da entidade de poboación chama- da Mandín, na parroquia de Bembrive, foco de irradiación do apelido Mandín no Val de Fragoso. O topónimo Mandín , á súa vez, vén dun nome persoal, pois é o resultado do xenitivo M andini dun antropónimo de orixe latina Mandinus , posible variante de Amandinus , derivado de Amandus , formado sobre o verbo amare ‘amar’. No Catastro de Ensenada o topónimo de Valadares xa aparece in- distintamente en singular e en plural e designa terras de regadío de pri- meira e de segunda calidades. Na mesma área existe outro topónimo, A Auga do Mandín , talvez relacionado co tramo do r ío d a Senra ao seu paso pola zona. Manga, Mangal — — Os Mangales (A Garrida) — — O Lavadouro dos Mangales (A Garrida) — — Camiño dos Mangales (A Garrida) — — A Manguela (O Portal, As Barrocas) — — As Manguelas (O Freixo) O substantivo manga (< latín man ĭ cam , derivado de manum ‘man’) e os seus derivados adoitan designar na toponimia accidentes xeográ- ficos ou propiedades agr ícol as de forma alongada e estreita, a xeito dunha manga . O derivado colectivo mangal , formado mediante o sufixo corres- pondente a - ale , está presente en Valadares no topónimo Os Mangales , nome dunha área con vivendas e terras de cultivo e de monte, onda a

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==