Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 166 O topónimo Dorra do Patiño , que figura nalgunhas fontes e nomea unha área no barrio da Garrida, contén un primeiro elemento escuro; quizais é unha alteración dun orixinario madorra. O segundo elemento é un sobrenome ou un apelido de propietario, Patiño. Malla — — A Malla (A Igrexa) — — O Malladeiro (O Freixo) A malla é a acción de mallar (< latín malleare ‘golpear cun mallo’), bater no cereal segado cun instrumento chamado mallo (dúas pezas de pau, a mangueira e o pértego, unidas por unha correa, de xeito que se agarra pola máis longa e se golpea coa outra) para separar o gran da pa- lla. A malla era unha das actividades comúns na agricultura tradicional e realizábase nas eiras dispostas para ese uso. Na toponimia relativa a esta actividade ( Malladoiro, Malladouro, Eira de Mallar …) non é común o substantivo simple A Malla , como o que denomina un núcleo de vivendas no barrio da Igrexa, preto da reitoral. É verosímil que neste caso non estea motivado por realizarse a malla alí, senón por un antropónimo de propietario ( A Malla = ‘A de Mallo’), pois Mallo rexístrase como apelido ou como sobrenome na parroquia desde polo menos o século xvi (  Peimallo = ‘Paio Mallo’). Polos prei- tos do século xvi sabemos que varios veciños de Valadares lles pagaban aos señores do couto as súas rendas en especie ou en días de malla, e cremos que foi este servizo o que motivou o sobrenome finalmente consolidado como apelido. Entre os veciños de Valadares no Catastro de Ensenada encóntrase unha María Mallo , « estanquillera de tabaco » . Outro topónimo relacionado coa actividade de mallar o gran (trigo, centeo, paínzo…) na parroquia de Valadares é O Malladeiro , que no- mea unha extensa área de mato e de arboredo ao norte da Devesa de Arriba, no Freixo. Rexistr á molo no século xvii entre as propiedades que o convento de San Francisco de Vigo tiña en Matamá e Valadares: « …el campo do Malladeiro de Riba que llevará de sembradura un bucio de trigo y está

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==