Toponimia Valadares

165 T O P Ó N I M O S As Maceiras ou A Maceira é unha zona de campos de labor e de arboredo situada ao oeste do cemiterio privado e da Pinguela, no barrio do Freixo. Aparece indistintamente en forma singular e plural no Catas- tro de Ensenada e, como adoita suceder nestes casos en que aparecen ambas as formas, supoñemos que a singular debe ser a orixinaria. Así se confirma na documentacion de San Domingos de Pontevedra ( Se- gundos traslados , 1646-1660), que contén propiedades aforadas no Val de Fragoso, onde se menciona en Valadares un « Campo da Maceira » , un «coto da maceira » e unha « heredad da Maseira que trae Andree de Comesaña en fuero del dicho convento » . Como topónimo de creación recente, botouse man da variante en plural para denominar o Petróglifo das Maceiras (  ). Madorra — — A Madorra de Quinta (A Garrida) — — Dorra do Patiño (A Garrida) Madorra é unha das denominacións comúns en Galicia para as má- moas ou enterramentos tumularios prehistóricos, aínda que tamén se aplica a calquera elevación do terreo e en zonas do litoral pode desig- nar asemade as dunas de area. O nome madorra , xunto con medorra e medoña , considéranse derivados de meda (< latín meta ‘montículo’), neste caso cun sufixo orra de orixe prerromana A Madorra de Quinta é unha zona relativamente extensa de viven- das e de campos na contorna do camiño da Pomba, no barrio da Ga- rrida. Non sabemos se o topónimo obedece á existencia dunha mámoa na zona ou se veu motivado simplemente pola orografía do terreo.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==