Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 164 Lugar — — O Lugar da Eira (O Carregal) — — O Lugar da Presa (O Freixo) — — O Lugar da Viña (As Barrocas) — — O Lugar de Abaixo (O Freixo) — — O Lugar de Alá (O Carregal) — — O Lugar de Ana González (O Freixo) — — O Lugar do Abade (As Barrocas) — — A Chan do Lugar (As Barrocas) O substantivo lugar (< latín localem ), ademais dun significado xené- rico equivalente a sitio ou a localización, ten un significado específico de ‘pequena entidade de poboación’. Nalgunhas áreas, ademais, coma no Val do Fragoso e boa parte da diocese tudense, lugar ten un uso máis concreto para referirse a unha vivenda unifamiliar illada e cerca- da, cos espazos e coas construcións auxiliares situados dentro dos seus muros (  Abade, Lugar do ). Este último significado vese reflectido na parroquia de Valadares, onde existen varios topónimos formados con este nome, aplicados a un núcleo constituído ao redor dunha casa ori- xinaria: O Lugar da Presa (vivendas e campos ao oeste do monte dos Pozos, no barrio do Freixo), O Lugar de Abaixo (pequeno núcleo habi- tado ao norte da Ermida, no Freixo), O Lugar de Alá (vivendas e leiras dentro da área do Carregal), O Lugar do Abade (vivendas e campos de labor fronte á igrexa parroquial, entre os barrios da Igrexa e das Barro- cas) ou A Chan do Lugar (vivendas e campos ao oeste das Vesadas, no barrio das Barrocas (  Chan ). Na documentación histórica rexistramos outros topónimos seme- llantes que conteñen este substantivo, como O Lugar de Ana González (no barrio do Freixo), O Lugar da Eira (no barrio do Carregal) e mais O Lugar da Viña , nas Barrocas. Maceira — — As Maceiras / A Maceira (O Freixo) — — Petróglifo das Maceiras (O Freixo) O substantivo maceira designa diversas variedades da árbore Malus domestica , que dá as mazás, e corresponde ao resultado común galego da voz latina mattianariam .

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==