Toponimia Valadares

163 T O P Ó N I M O S Os topónimos formados co adxectivo longo (< latín longum ) e os seus derivados ref írense ás dimensións alongadas e estreitas da pro- piedade ou da realidade orográfica á cal se aplican. Así ocorre con A Longa , no barrio da Garrida, nome dun terreo de labor dentro da área da Valada que, visto no mapa desde perspectiva aérea ten, en efecto, forma alongada. O mesmo adxectivo está presente nos nomes A Leira Longa (  Leira ), Augalonga ou Agualonga  (  ) e mais nos tres O Campo Longo (  Campo ). Na toponimia da parroquia atopamos tamén un derivado co sufixo prerromano átono - ara ( lóngara , con frecuencia sincopado en longra ), co mesmo significado, aplicado a realidades alongadas e estreitas, no topónimo A Longra ou As Longras , zona de matogueira na actualidade ocupada pola rotonda onde desemboca o tráfico do túnel de Valadares, na vía VG-20. Nesa mesma zona existiu un Muíño das Longras que aparece atestado no Catastro de Ensenada: muíño dunha roda «al sitio de Longras » . Longra e Longras son formas que se repiten con frecuencia na toponimia do Val de Fragoso. Loureiro — — O Loureiro (A Sobreira) O substantivo loureiro é un fitónimo con moita presenza na topo- nimia de Galicia; son máis dun cento os núcleos de poboación que o levan no seu nome. É o resultado galego do latín vulgar laurarium , de- rivado de laurus , o nome clásico da árbore ( Laurus nobilis ), especie que cubriu gran parte de Europa no período terciario, que formaba parte da antiga laurisilva atlántica. Na toponimia de Valadares está presente cunha forma simple, O Loureiro , que nomea uns campos de labor ao oeste dos Fabás, no ba- rrio da Sobreira. Igual que ocorre con O Piñeiro e A Sobreira , non pode- mos saber se o topónimo veu motivado por un exemplar ú nico desta ár - bore ou se naceu con valor colectivo. No Catastro de Ensenada atéstase coas grafías Loureyro e Loureiro e describe terras de cultivo de secaño.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==