Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 162 Lodeiro — — O Lodeiro (O Portal) O Lodeiro era o nome duns terreos hoxe soterrados pola constru- ción do parque tecnolóxico e loxístico de Valadares . Non podemos garantir se se trataba dun derivado de lodo (< latín lu - tum ), por referencia ás características dun terreo lamacento, ou se viña motivado pola árbore denominada en galego lodeiro , lodairo , lodoeiro ou lodón ( Celtis Australis , da familia das ulmáceas). Lombo — — O Lombo do Raposo (O Freixo) O substantivo lombo (lat. lumbum ) designou en orixe o costado ou as costas dun animal ou dunha persoa, e por extensión deste significado pasou a aplicarse, o mesmo ca un feminino lomba , para designar na paisaxe superficies alongadas e de perfil en curva. Denomínanse O Lombo do Raposo unhas terras de monte na aba oeste do monte Cepudo, no barrio do Freixo. Raposo é un nome eufemístico creado a partir de rabo e de rapio ‘raptar’ (polo carácter depredador da especie) do animal Vulpes vulpes , de cuxo nome latino proceden os galegos golpe ‘raposo’ e golpella ‘raposa’. En Raposo po- deriamos estar tamén ante un antropónimo, dado o emprego do nome do animal como sobrenome ou como apelido, mais no sintagma O Lombo do Raposo é máis verosímil que se refira ao animal. Non se rexistra este topónimo na documentación histórica, talvez por ser de creación relativamente recente. Longo, Longa — — A Longa (A Garrida) — — A Longra / As Longras (O Carregal) — — Muíño das Longras (O Carregal, A Sobreira) — — Augalonga / Agualonga (A Garrida) — — A Leira Longa (As Barrocas) — — O Campo Longo (As Barrocas) — — O Campo Longo (O Freixo) — — O Campo Longo (O Carregal)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==