Toponimia Valadares

161 T O P Ó N I M O S rable importancia do liño cultivado ( Linum usitatissimum ) na economía tradicional para fabricar tecidos e cordeis, ademais de ser un produto con que frecuentemente se pagaban foros e rendas, tal como nos amosa a documentación antiga. Polo Interrogatorio de 1753 temos constancia do seu cultivo na parroquia: « …a voluntad de los labradores se siem- bran las Tierras de otras especies y producen lino, linaza, menudo y frexoles…». Lobagada — — As Lobagadas / As Labogadas / Alobagadas (A Garrida) No Nomenclátor de Galicia constan dúas entidades de poboación chamadas A Lobagueira (Carballedo, Lugo) e Lobagueiras (Touro, A Co- ruña); en Portugal, Lobagueira de Baixo é unha localidade do concello de Torres Vedras, na rexión de Lisboa. Na toponimia menor galega e portuguesa repítese con certa frecuencia ese topónimo, igual ca outro formado con diferente sufixo, A Lobagada , en singular e en plural, ou con variantes como Labagueira , Lebegueira , Lebegada , Labagada , Alba- gueira , Albagada … A grafía máis común con que se rexistran estes nomes é como Lob -, e iso desde a época medieval: a portuguesa Lobagariam, Lobagarie, Lo- bagueira en 1258 (no Onomástico medieval português , de Cortesão); a de Carballedo, Lugo, desde o século xv: « o noso lugar que esta hermo a que chaman da Lobageira » (1560, Libro de notas de Alonso de Ramuín ). Por esta razón t éñense interpretado como zootopónimos relacionados cos lobos, mais esa relación pode ser simplemente aparente, resultado dunha alteración da vogal átona, como sucede nos topónimos Levada , frecuentemente pronunciados como /lobáda/. A Lobagada e A Loba- gueira adoitan designar áreas de terreo en pendente por onde baixan cursos de auga ocasionais ou corgas, polo que se considera que o signi- ficado orixinario era hidronímico, quizais relacionado coa mesma raíz indoeuropea * leu - presente no verbo latino lavare . Tampouco podemos descartar a posibilidade de que as formas Albagueira e Albagada sexan as orixinarias e esteamos ante un hidrónimo prerromano cunha raíz alb -, elb - como o mencionado en Alba  (  ). As Lobagadas , tamén coas variantes Labogadas , Alabogadas ou Alobagadas , é o nome dunha área de mato e de arboredo en pendente, veciña de Augalonga, na estrema de Valadares con Vincios.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==