Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 160 de matogueira e de arboredo no barrio do Freixo, fronte á Bouzacova. Hai ademais As Leiras do Lago (na área de Seoane, no barrio da Garri- da, que aparece no CME como Leira de Lago ) e A Leira dos Cortizos (  Cortizo ), no barrio do Freixo. Lercha — — As Lerchas (O Portal) O substantivo lercha (quizais procedente do latín * lisc ŭ lam ou * lisc ŏ lam ) designa a vara fina ou o vimbio en que se ensartan os peixes mortos, entre outros significados, e en sentido figurado úsase tamén como nome e adxectivo aplicado despectivamente a persoas por mal- faladas e desvergoñadas ( lercho, lercha ). É probable que no seu uso como topónimo se aplicase a propiedades alongadas e estreitas (  Lon- ga , Manga , Faixa ), se é que non se formou a partir dun sobrenome ou alcume. No Catastro de Ensenada e no Libro de afanegados recóllese en Valadares un topónimo As Lerchas para designar terras cultivadas de secaño de terceira calidade, que non puidemos identificar hoxe. Liño — — Os Liñares (As Barrocas) Os Liñares é o nome dunha zona de campos de cultivo ao oeste do centro escolar CEP Igrexa-Valadares e da reitoral, no barrio das Barro- cas. Atéstase no Catastro de Ensenada, onde nomea terras de cultivo de secaño. Liñar é unha voz común en galego que desgina o terreo destinado ao cultivo do liño; é un derivado do propio nome do liño (< latín linum ) co sufixo colectivo colectivo correspondente ao latín - ale . A toponimia relativa ao liño é moi común en Galicia, o cal se explica pola conside-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==