Toponimia Valadares

159 T O P Ó N I M O S — — As Leiras (O Carregal) — — A Leiriña (O Freixo) — — A Leiriña (A Garrida) — — A Leira dos Cortizos (O Freixo) — — A Leira Longa (As Barrocas) — — A Leira Nova (As Barrocas) — — A Leira Nova (O Freixo) — — As Leiras do Lago (A Garrida) O substantivo leira , de orixe prerromana (probablemente céltica, a partir dun étimo * plarea ou * plaria ‘plana’ e atestada como larea en la - tín na documentación medieval galega) é un dos termos comúns para designar unha propiedade agrícola cultivada. En Valadares, a denomi- nación simple A Leira nomea dous sitios: un pequeno campo de labor no barrio das Barrocas, xunto ao propio núcleo das Barrocas, e outro campo de cultivos dentro da área da Valada, no barrio da Garrida. En plural, As Leiras designa unha área tamén de campos de cultivo no barrio do Carregal, na estrema con Matamá, que se rexistra desde o século xvii ( Segundos traslados , San Domingos de Pontevedra) como Campo da Leira e Campo de Leiras entre as terras aforadas por veciños de Matamá. O diminutivo A Leiriña tamén denomina dous campos de labor, un no barrio do Freixo, preto da Ermida, e outro pequeno e estreito onda A Costa, no barrio da Garrida. Formando composto, o substantivo aparece nos topónimos A Leira Longa (terras de cultivo ao sur dos Bértolos, no barrio das Barrocas; no Catastro de Ensenada atéstase como Leira Longa de Canzela e Leira Lon- ga de Canzelas ) e A Leira Nova , que designa, dunha banda, un campo de labor nas Pereiriñas, no barrio das Barrocas, e doutra, unhas terras

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==