Toponimia Valadares
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 14 municipios, as parroquias dese territorio pasaron a constituír un novo concello, que recibiu o nome de Lavadores por establecerse na parro- quia de Santa Cristina de Lavadores a sede da casa consistorial. O con- cello de Lavadores tivo un século de vixencia, ata que foi anexionado ao de Vigo en 1941. O topónimo Valadares Valadares repítese na toponimia galega no nome de dúas parroquias (a do concello de Vigo e outra no coruñés de Outes) e de cinco enti- dades de poboación (en Outes, Oza dos Ríos, Forcarei, Pontevedra e Sarria). Está presente tamén na topomimia portuguesa, pois ademais do Valadares do concello de Monção, é Valadares tamén o nome dun- ha parroquia en Vilanova de Gaia. En Santiago de Compostela existiu unha vía pública chamada Rúa de Valadares . Este topónimo contén o plural de valadar , resultado galego do latín vallatalem , un colectivo de vallatum ‘valado’ mediante o sufixo colec- tivo correspondente ao latín - ale , que habitualmente dá como resulta- do en galego un derivado rematado en - al (como en carballal , casal , sobreiral etc.), pero que pode presentar a variante - ar , especialmente cando na palabra existe outro L que provoca unha disimilación con- sonántica. En castelán existe a voz valladar pero cun significado algo diferente, en tanto que en galego, e no topónimo Valadares , se man- tivo o significado etimolóxico de valadar como ‘conxunto de valados’ ou ‘lugar caracterizado pola presenza ou abundancia de valados’. Nos dicionarios da Real Academia Española do século xviii diferenciábanse dous substantivos valladar , un o usual en castelán e outro antigo ou característico de Galicia (castelanización do galego valadar ). Tanto valado coma valadar ou valo (e os casteláns vallado , valladar , valla ) son palabras derivadas en última instancia do latín vallum ‘valo, valado, muro’, procedente dun antigo termo indoeuropeo de onde pro- cede tamén o inglés wall ‘muro’. A motivación do nome da parroquia de Valadares é, polo tanto, a abundancia de valados de pedra, ben para dividir propiedades, ben para conter a disposición en socalcos dos terreos en pendente. O mesmo podemos dicir dos outros Valadares galegos e portugueses. Na documentación medieval eses nomes galegos e portugueses apa- recen escritos con L ou LL e ambas as grafías representan unha mesma
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==