Toponimia Valadares

157 T O P Ó N I M O S tema l éxico son fundamentalmente meridionais, con especial presenza na provincia de Pontevedra, entre outras razóns debido ás condicións climáticas que a especie require. En Valadares, A Laranxeira nomea unha zona de campos de cultivo xunto á estrada do Foxo, ao oeste da fonte da Vila. Na estrema do barrio das Barrocas co da Igrexa, hai un Camiño do Laranxo , que traza o seu percorrido desde O Torreiro, xun- to á igrexa parroquial, ata a estrada de Valadares. No Catastro de En- senada as formas que conteñen este substantivo ou algún dos seus de- rivados aparecen sempre castelanizadas, como Naranjo ou Naranjeiro . Lata A Lata (O Carregal) A Latiña (O Freixo) O substantivo lata (< latín latta ) designa en galego, ademais dun ma- terial metálico ou de recipientes feitos con el, diversos obxectos longos e estreitos, como varas ou paus que forman unha estrutura, entre eles as estacas que sosteñen un emparrado de videira. Na toponimia galega, as denominacións que conteñen este substantivo ou os seus derivados poden corresponder a dous significados do termo, un específico para designar emparrados de viña, outro metafórico aplicado a terreos ou propiedades de forma longa e estreita, como unha manga (  Mangal ) ou vara. Na parroquia de Valadares temos dous exemplos: A Lata , nú- cleo habitado no barrio do Carregal, xunto á Simona; e un diminutivo A Latiña , unha zona de vivendas e de leiras cultivadas no barrio do Freixo. No primeiro, a motivación do topónimo podería ser un empa- rrado ou ben a forma do terreo, unha área longa e estreita; no segundo, situado nunha zona de videiras (ten ao oeste O Cocho da Viña), parece verosímil que garde relación con lata ‘parra, emparrado’. Lavadoiro — — Os Lavadouros (A Sobreira) — — O Lavadouro da Simona (O Carregal). — — O Lavadouro de Vales (A Sobreira) — — O Lavadouro do Canizo (O Carregal). — — O Lavadouro dos Mangales (A Garrida)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==