Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 156 — — Banzóns de Lapela (As Barrocas) — — Camiño da Lapela (As Barrocas) — — Petróglifo da Lapela (As Barrocas) — — O Xestal da Lapela (As Barrocas) Lapa é un termo hispánico de orixe prerromana (* lappa ) que na to- ponimia galega e portuguesa adoita designar unha pedra de grandes dimensións que sobresae horizontalmente e permite resgardarse baixo dela. Un diminutivo lapela ten o significado máis común de ‘solapa’ e aplícase tanto ás da roupa coma ás dun libro ou dun sobre. Este mesmo diminutivo, mais aquí motivado por unha formación pétrea, está pre- sente no topónimo A Lapela , que designaba toda a extensa zona lonxi- tudinal de monte ao sur da estrada do Zondal, na estrema da parroquia de Valadares con Chandebrito e, de feito, parte da Lapela pertence xa ao termo municipal de Nigrán. No amplo territorio denominado A La- pela hai outros topónimos que conteñen este substantivo; así, da estra- da do Zondal sae o Camiño da Lapela cara á á rea chamada Os Banzóns de Lapela (  Banzo ), algo máis ao oeste destes atopamos o Petróglifo da Lapela (  ) e non lonxe del O Xestal da Lapela (  Xesta ). Ao sur dos socalcos do Zondal atópase A Lapela do Portelo , que xa se adentra no barrio do Freixo. O topónimo atéstase coa mesma forma simple no Catastro de Ense- nada, onde se aplica a terras de monte e de arboredo consideradas de primeira calidade. Hoxe seguen sendo terras de monte e de arboredo, maiormente de piñeiro e de eucalipto, ademais da importante masa de xestas que motivou o nome de O Xestal da Lapela . O que singulariza esa zona é a cantidade de afloramentos graníticos e penedos e o creba- do do relevo, especialmente fragoso . Laranxa — — A Laranxeira (O Portal) — — O Laranxo (As Barrocas) — — Camiño do Laranxo (As Barrocas, A Igrexa) Laranxa (< do árabe naranga ) e laranxeira son as denominacións co - múns en galego da froita e da árbore do Citrus aurantium . Como nome da árbore, a forma feminina laranxeira é a máis común na toponimia, aínda que tamén existen as masculinas laranxeiro e laranxo , talvez in- terferidas polo castelán. En Galicia, os topónimos pertencentes a este

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==