Toponimia Valadares

155 T O P Ó N I M O S en plural ( As Lagoas ) no Catastro de Ensenada, que o cualifica como devesa: era maioritariamente unha zona de arboredo. A Lagoa de Courás é unha zona de campos e de mato ao sueste do centro escolar CEP Igrexa-Valadares, no barrio das Barrocas, que apa- rece cualificada no Catastro de Ensenada como terras de devesa e de monte. Nas fontes documentais tamén se mencionan unhas Lagoas do Arroio no barrio das Barrocas. Coa forma en diminutivo As Lagoíñas coñécense unhas terras de prado e de labor dentro da área chamada Augalonga, no barrio da Ga- rrida, xusto a carón da extensa área da Lagoa. Lama — — A Lamosa (O Portal) — — O Souto da Lamosa (O Portal) — — A Devesa da Lamosa (O Portal) Lamoso e lamosa son derivados de lama , substantivo común de ori- xe prerromana que os dicionarios definen como ‘masa branda que se forma ao mesturarse terra, area etc., con auga’ e é sinónimo de lodo , trollo, bulleiro ou barro (DRAG). O termo ten moita presenza na topo- nimia galega e correspondencia na doutras áreas do norte peninsular. Coa forma simple ou con derivados como lameira , lameiro , lamazal , adoita designar terreos enchoupados parte do ano, aínda que nalgun- has áreas de Galicia ten usos e significados específicos que tamén se manifestan na toponimia (en Ourense, lameiro é sinónimo de prado ). En Valadares temos un derivado co sufixo - osa , que forma adxectivos, nos topónimos A Lamosa, O Souto da Lamosa e A Devesa da Lamosa , tres denominacións alternativas para unha área de matogueira e de pra- dos no barrio do Portal, entre A Nogueira e As Ribelas. No Catastro de Ensenada rexístranse na parroquia unhas propieda- des denominadas co derivado Lamazal que non puidemos localizar na actualidade. Lapela — — A Lapela (As Barrocas) — — A Lapela do Portelo (O Freixo)

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==