Toponimia Valadares

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : va l a da r e s 154 relativamente comúns os topónimos A Insua ou As Insuas para denomi- nar a porción de terra comprendida no ángulo de confluencia de dous cursos de auga, mais non é tan frecuente para ese significado o empre- go de illa , como ocorre nos terreos denominados As Illas en Valadares, localizados preto do encontro do r í o dos Lavadouros e do r ío de Quin- tián. Hai tamén O Cocho das Illas (  Cocho ) algo máis ao sur, dentro do parque tecnolóxico e loxístico. Rexístrase este topónimo alternando o singular e o plural e con h- ( Hilla, Hillas ) no Catastro de Ensenada, onde nomea propiedades consideradas monte de segunda calidade. Lago — — O Lago (A Sobreira) — — Fonte do Lago (A Sobreira) — — A Lagoa (A Garrida) — — A Lagoa (O Carregal) — — A Lagoa (O Freixo) — — A Lagoa de Courás (As Barrocas) — — As Lagoas do Arroio (As Barrocas) — — A Pouleira da Lagoa (A Garrida) — — As Lagoíñas (A Garrida) Os substantivos lago e lagoa (< latín lacum , lacunam ) na toponimia non só designan masas de auga permanentes, senón que tamén poden aplicarse a sitios moi húmidos que adoitan estar anegados parte do ano. En Valadares, o masculino está presente no topónimo O Lago , que no- mea unha zona de vivendas e de terras de cultivo ao sur do parque tec- nolóxico e loxístico, no barrio da Sobreira. Refírese a esta área a Fonte do Lago , construción dun cano con estrutura e pía de pedra, adosada ao muro da herdade particular con que linda. Ten unha varanda de ferro que a separa da estrada e a súa auga procede de Fontefría. A forma feminina ten maior presenza na parroquia e repítese en varias localizacións. A Lagoa é o nome dunha zona de vivendas e de campos de labor no barrio da Garrida, na estrema con Vincios, que á súa vez serve de referencia para os campos denominados A Pouleira da Lagoa , ao leste desa Lagoa. Tamén se denominan A Lagoa unhas terras no barrio do Freixo, ao sur da Ermida, así como os terreos que se atopan ao pé do Hospital Álvaro Cunqueiro, a carón da avenida de Clara Campoamor, no barrio do Carregal. Este último rexístrase tamén

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==